Sunday 08 de September de 2024

O alcalde, Sergio Platas, felicita á cooperativa El Plantel Comarcal polo seu 50 aniversario


 O rexedor entregoulle este mércores unha placa conmemorativa ao o presidente da entidade, Juan Novo, que pretende poñer en valor o labor da entidade durante estes anos

 A cooperativa, fundada no ano 1974 por 39 socios, na actualidade está constituída por 62, dos cales 6 son cooperativas, con 200 socios en total

O alcalde do Concello de Paderne, Sergio Platas, achegouse na mañá de hoxe ata a cooperativa El Plantel Comarcal, situada no lugar de Velouzas, que celebra estes días o seu 50 aniversario desde a súa creación.

O rexedor entregoulle unha placa conmemorativa ao presidente da entidade, Juan Novo, co obxectivo de poñer en valor o labor da entidade ao longo de todos estes anos.
Sergio Platas, quixo “subliñar o traballo levado a cabo polo Plantel durante todos estes anos, converténdose nunha cooperativa referente en Galicia, que na actualidade conta con 200 socios e un número de traballadores importante para un concello como o de Paderne”.
O alcalde indicou que “este é un claro exemplo de que empresas deste tamaño poden funcionar en municipios como o noso, e que Paderne é unha boa opción para que as persoas emprendedoras decidan poñer en marcha as súas ideas”.

El Plantel Comarcal de Betanzos, fundada en 1974

A cooperativa El Plantel fundouse no ano 1974 por 39 socios. Na actualidade está constituída por 62 , dos cales, 6 son cooperativas, polo que son 200 en total os socios que participan.
Na actualidade presta servizo a máis de 170 pequenas explotacións agrogandeiras da comarca, centrando a súa actividade na fabricación de pensos e abonos, almacén agrícola, venda de combustible, servizos veterinarios e no apoio técnico aos agricultores.

Trátase de produtos locais de proximidade de gran calidade, que son servidos posteriormente aos negocios da zona.